Arcadio Pardiñas 165 Baixo Telf: 982 87 99 13 Email: contacto@misenplas.es Síguenos en Instagram Mis en plas Foursquare Mis en plas Dispoñemos de

ALGÚNS DOS NOSOS VIÑOS VISTOS POLO MIS EN PLAS

A Torna dos Pasas

Con D.O. Ribeiro e compartindo as variedades de uvas Brancellao, Caíño, Ferrón. É un Tinto Ribeiro chamado "A Torna dos Pasas" con 6 meses de barrica que da corpo e estructura e o mesmo tempo ese toque fresco, afrutado, floral, con unha pouca acided tipico das nosas uvas.

A torna dos Pasas Escolma

Este é o seu irmán maior, "A torna dos Pasas Escolma". Con D.O. Ribeiro e compartindo as variedades de uvas Brancellao, Caíño, Ferrón. Con 12 meses de barrica e un mínimo de tres en botella, este ribeiro lévase a palma dos que ata agora levo probado desta D.O Ribeiro. É un viño con máis caracter, mais goloso, afrutado, un sabor mais intenso... iso si, notablemente mais caro pero que non deixa a ninguén indiferente.

Flor de Vetus

Un viño descoñecido para moitos paladares con D.O. TORO. Un viños complero con sabor intenso, fresco, adrutado pero con toque de 9 meses de barrica que suaviza e equilibra os matices dun 100% tinta de Toro.

Señorío de Rubios, Condado de Tea

Un Denominación de Orixe, neste caso un Rías Baixas, con varios premios ás espaldas, entre eles o mellor viño branco galego 2013 (repite dito galardón). Este viño que podedes gozar del no Mis en Plas chámase SEÑORÍO DE RUBIOS, CONDADO DE TEA e como o seu nome indica pertence á subzona do Condado de Tea (Treixadura, Loureiro, Albariño e Godello) Un bó viño que se precia para acompañar duns berberechos ó vapor ou unhas zamburiñas á prancha co porto de Burela de Fondo.

Finca A Pedreira

Un branco que nos deileitou, falo dun Albariño menos convencional que calificaríamos de "menos comercial" todo isto sempre ligado da famosa relación calidade/prezo. Este branco mais especial chámase "Finca A Pedreira" D.O. Rías Baixas (Da subzona do Val do Salnés). Este viño pertence a unha bodega pequena, isto quere decir que os viños son máis personales e normalmente máis mimados. Neste caso é 100% uva Albariño con 9 meses en Barrica.

PARADA DE ATAUTA

Dunha bodega con historia (Dominio de Atauta) presentan un novo concepto de viño, con reciente incorporación no mercado, e non poido estar máis de acordo co concepto de viño que o novo mercado demanda. Unha fusión de vides antigas+barrica+frescura, están a emerxer viños menos aburridos, mais redondos e golosos tanto na Rioxa coma neste caso en Ribera del Duero. O mercado xa non quere tanta madeira, quere viño menos aburridos con frescura, rfoita e o mesmo tempo con unha pouca de barrica que atenúe eses efectos. Pois aquí tedes unha boa opción, PARADA DE ATAUTA (100% tinto fino)